Esta noite o IEM organiza unha saída aos petroglifos do Monte Tetón

Despois das rutas dedicadas a Chandebrito, Pazos do Val Miñor, Cotos de Chaín e obra de A. Palacios no Val Miñor, continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe retoma as saídas nocturnas: Trátase dunha visita nocturna aos petroglifos de Monte Tetón

Estes son os datos:

• Luns, 28 de xullo de 2008
• Hora: 22,30
• Saída da Praza do Concello de Gondomar

• Guía: Xosé Lois Vilar

As Pedras dos Mouros do Monte Tetón constitúen a maior superficie de arte prehistórica de Galicia. Inclúe as maiores combinacións de circos concéntricos coñecidas. Máis de 100 m2 de gravados onde abunda a arte xeométrica, os circos, as coviñas, os cadrados cheos de coviñas, as coviñas aliñadas, … pero tamén hai antropomorfos gravados e incluso un cabalo.

No mesmo petróglifo hai varios muíños naviculares de soporte fixo, elemento práctico que aparece móbil nos poboados da época pero que existen en rocha nai na zona costeira das Rías Baixas (do Morrazo a Caminha e Valença), con excepcións en Carnota e en Agolada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: