A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO CONTRATA POR 375.000 € OS PROXECTOS SECTORIAL E DE URBANIZACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DA PASAXE

 A empresa contratada dispón dun prazo de cinco meses para a elaboración dos proxectos
 Esta actuación desenvolverase sobre un ámbito aproximado de 650.000 m2, o que permitirá ordenar e urbanizar a área xa existente e ampliar a superficie con 300.000 novos m2 de solo produtivo

Santiago de Compostela, 8 agosto 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, contratou por 375.000 euros a redacción dos proxectos sectorial e de urbanización para o desenvolvemento do Parque Empresarial da Pasaxe no Concello de Gondomar. A empresa contratada dispón dun prazo de  cinco meses para a elaboración dos proxectos, unha vez asinado o contrato.

Ao concurso público convocado pola Consellería de Vivenda e Solo o pasado mes de abril presentáronse un total de nove empresas, resultando adxudicataria IDOM por formular a proposición máis vantaxosa no seu conxunto, tendo en conta que a mesa de contratación valorou a proposta económica, a planificación do traballo, o equipo humano dispoñible e a experiencia da empresa en actuacións similares.

O orzamento de contratación inclúe tamén a redacción dos traballos técnicos previos             – parcelario, topográfico e xeotécnico –, así como a elaboración do Estudo de Sostenibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico e un Estudo Arqueolóxico do ámbito.

Esta actuación en materia de solo empresarial desenvolverase sobre un ámbito aproximado de 650.000 metros cadrados, o que permitirá ordenar e urbanizar a área xa existente e ampliar a superficie con 300.000 novos metros cadrados de solo empresarial.

Protocolo de colaboración
Esta actuación en materia de creación de solo empresarial desenvólvese en base a un protocolo de colaboración asinado o pasado día 1 de abril entre a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo, co obxectivo de levar a cabo a ordenación e urbanización do actual Parque Empresarial da Pasaxe, o que permitirá a moitas das empresas alí instaladas regularizar a súa situación actual e ademais contar cos servizos e infraestructuras propias dun parque empresarial do século XXI.

Tal e como se recolle no protocolo de colaboración, na elaboración do Proxecto Sectorial darse unha participación activa aos representantes da Asociación de Empresarios de A Pasaxe, da Xunta de propietarios de terreos incluídos no ámbito do polígono de A Pasaxe, da Comunidade de Montes de Vincios, así como as diferentes administracións públicas. 

O obxectivo da Consellería de Vivenda e Solo é que o Parque Empresarial da Pasaxe sexa un modelo de xestión e coordinación das distintas Administracións públicas para regularizar e ordenar situacións urbanísticas nacidas á marxe do planeamento e aos efectos de dotalas de condicións de sustentabilidade urbanística e ambiental compatibles.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: