Saídas guiadas ao Outeiro dos Lameiros

A comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza ao longo do mes de Agosto, tres saídas nocturnas a estación de petroglifos prehistóricos de Outeiro dos Lameiros. Estas terán lugar os días 9, 22 e 29, con saída as 23 horas dende a Praza de Abastos de Sabarís, para o que se habilitará un autobús.
A actividade consiste na visita guiada a estación arqueolóxica, por parte dos arqueólogos Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez. Como complemento tamén se realizará unha proxección sobre a arte rupestre prehistórica de Galicia, que servirá coma marco de referencia para comprender mellor a importancia da estación miñorana. Así mesmo, no propio xacemento asistiremos a unha actuación dun grupo de música tradicional, que será acompañada dunha queimada.

A estación rupestre de Outeiro dos Lameiros é unha das máis importantes de Galicia e nos últimos anos se veñen desenvolvendo diversos traballos de musealización, que cristalizaron a comezos deste verán. Entre os múltiples grupos de gravados prehistóricos, que poderían ter máis de 4.000 anos de antigüidade, destacan diversos conxuntos de arte abstracta composto por figuras xeométricas, círculos concéntricos e outras enigmáticas figuras coñecidas como reticulados. Ao lado destes temos a gran xoia da estación, un impresionante panel vertical de 15 m de longo por 5 de alto, no que podemos contemplar a máis importante concentración de representacións esquemáticas de animais (fundamentalmente cabalos) da Península Ibérica, con máis de 90 figuras representadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: