A CEMMA e o IEM realizarán o día 27 unha ruta polas costas do Val Miñor

A CEMMA fará un paréntese na súa campaña para realizar unha actividade do Instituto de Estudos Miñoranos que consiste en visitar distintos lugares de interese da costa do Val Miñor. Se o mar o permite faremos un percorrido que nos achegará aos cantís de Monteferro, Illas Estelas, Costa de Cabo Silleiro, Serralleiras, Aguieiros e Illas Cíes, chegando a saír da ría.

 Ademais de observar, dende o mar, estes singulares enclaves, algúns deles incluídos na Rede Natura 2000 e mesmo no Parque Nacional das Illas Atlánticas, teremos oportunidade de achegarnos á fauna mariña mediante a observación de aves mariñas e tamén cabe a posibilidade de observar cetáceos (nesta zona viven as toniñas, a especie máis ameazada das nosas costas) e tamén poderiamos observar arroaces preto da costa ou mesmo golfiños comúns fóra das rías. Na viaxe acompañaranos un especialista da CEMMA que nos ilustrará sobre a labor de conservación que no propio Nauja se leva a cabo por toda Galiza. Ao tempo informarase sobre a toponimia do mar, os nomes con que os mariñeiros recoñecen os lugares de pesca e identifican as “marcas” para orientarse  para a navegación.

O mércores 27 terá lugar esta actividade que consistirá no embarque dun máximo de 30 persoas no porto de Baiona a partir das 16:30 h da tarde; o regreso será ás 20 h. ao mesmo porto de Baiona. O prezo por persoa é de 20 euros. Dado o limite estricto de prazas é necesario facer reserva ben no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico direccion@minhor.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: