Este mércores inaugúrase exposición “Os Mundos de Carlos Casares”

O próximo mércores 27 de agosto, as 20:30 h. nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Panxón-Patos terá lugar a inauguración da exposición “Os mundos de Carlos Casares” preparada pola Fundación Carlos Casares na que se fai un percorrido pola vida, obra e actividades do autor que durante máis de dúas décadas residiu na parroquia nigranesa de Vilariño e construíu parte do seu mundo nas terra do Val Miñor, entre a parroquia de residencia, a Ramallosa, Baiona, o paseo de Panxón ou a mesma praia de Patos, lugar no que se instalará esta exposición. Lembrar que o autor, falecido o 9 de marzo de 2002, está soterrado no cemiterio de San Fiz de Nigrán.

 A exposición permanecerá aberta ao público ata o xoves 11 de setembro e poderá ser visitada entre as 12h. e 14h. e entre as 19h. e 21h.

Ao remate da inauguración a catedrática de Filoloxía da Universidade de Vigo e integrante do Instituto de Estudos Miñoranos, Camiño Noia Campos, pronunciará unha conferencia na que realizará unha achega á obra narrativa de Carlos Casares. Será esta a segunda das conferencias que complementaran a exposición; a anterior tivo lugar o pasado venres, 21 de agosto, e foi pronunciada pola profesora Luísa Blanco que fixo unha achega á última novela de Casares “O sol do verán” e polo xornalista Iago Martínez que analizou a obra xornalística de Carlos Casares.

Estas actividades en torno a figura de Carlos Casares están organizadas pola Fundación Carlos Casares, o Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Nigrán que dirixe Xosé Lois Gutiérrez, sendo as primeiras que as tres institucións teñen preparado para os próximos meses.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: