Este venres realízase unha visita guiada aos petroglifos de Tourón

O venres 29 de agosto o IEM realiza unha visita guiada a esta estación de arte rupestre. O IEM pon a disposición un autocar que sairá ás 21h45’ da parada de taxis da Ramallosa. Quen queira ir polos seus medios o punto de encontro é a fonte da alameda de Pontecaldelas ás 23h. Para ir no autocar é preciso apuntarse no teléfono  680 644 490  ou ben no correo electrónico dirección@minhor.org . Dado o limite de prazas (55) é conveniente facer a reserva o antes posible.

A estación de arte rupestre de Tourón ( Pontecaldelas) vén de musealizarse recentemente, xustificada esta pola grandísima importancia de máis de dúas ducias de superficies gravadas entre as que destacan A Laxiña das Cruces e O Nabal de Martiño. Na primeira está representada unha escena de cópula cervídea, co macho executado en baixorreleve cunhas cornas extraordinarias. Na mesma laxe hai gravadas esvásticas e espirais. No petróglifo do Nabal de Martiño, o emprazado a máis altura do xacemento, hai representada unha das escasas escenas de caza de Galicia nunha rocha inclinada cunha ampla manda de cervos onde irrompe un cazador que racha coa harmonía animal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: