Caride comprométese a estudar e mellorar o plan “Vigo Íntegra”

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, mantivo  sendas reunións de traballo cos alcaldes de Nigrán, Efrén Juanes, e Gondomar, Antonio Araúxo. No decurso dos encontros, a conselleira informou aos rexedores das vantaxes para a mobilidade e a seguridade viaria dos cidadáns de ambas vilas que terán as infraestruturas contempladas no Plan “Vigo Íntegra”. Este documento de planificación e articulación territorial, que se atopa a información pública dende o 17 de xullo, contempla un investimento total de 2.000 millóns de euros destinados á mellora das infraestruturas de comunicación de Vigo e a súa área de influencia, incluídos Nigrán e Gondomar. María José Caride amosou a disposición da Consellería a estudar as propostas plantexadas por ambos concellos no marco do proceso aberto de información pública e presentación de alegaciones para mellorar na medida do posible o plan.

Nigrán
A Consellería de Política Territorial reiteroulle ao Concello de Nigrán a necesidade existente dun novo vial que conecte Vigo e o polígono de Porto do Molle. Ante as dificultades de implantación territorial de dito vial, será a colaboración entre a CPTOPT e o Concello, enmarcada no traballo de redacción do novo PXOM, a que permita determinar o trazado da nova infraestrutura.

Con respecto á reforma da estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325) para dotala de melloras na seguridade viaria e na mobilidade dos peóns, ambas Administracións ratificaron a necesidade e conveniencia de dito proxecto. A CPTOPT comprometeuse a analizar con coidado algunha das súas afeccións, como o enlace coa praia de Patos, mantendo en dita análise o compromiso de que a solución respecte a seguridade viaria. Ademais, a CPTOPT informou ao Concello de Nigrán de que esta obra está actualmente en trámite de contratación.

Gondomar
Con respecto ao Concello de Gondomar, ambas Administracións coincidiron tamén no seu respaldo, á espera de que se remate a redacción do correspondente proxecto, da reforma da estrada A Ramallosa-Gondomar (PO-340), que suporá unha continuación das melloras de seguridade e mobilidade impulsadas na estrada Vigo-A Ramallosa.
A conselleira de Política Territorial tamén informou ao Concello de que no Plan “Vigo Íntegra” se incorporou a previsión dunha circunvalación leste de Gondomar a pesar de ser unha actuación municipal co obxecto de solucionar un problema de mobilidade no concello e colaborar financieiramente na súa execución. O Concello de Gondomar propuxo que sexa o PXOM o que defina esta actuación, polo que a Consellería manterá na Memoria do Plan a necesidade de mellorar a mobilidade, pero deixará a súa determinación ao Concello pasando a ser unha obra estritamente municipal.
Por último, e con respecto á nova vía de alta capacidade proposta entre Gondomar e Tomiño, a CPTOPT mantén a defensa do carácter vertebrador desta actuación como un eixo estruturante da mobilidade do Baixo Miño e o Val Miñor e da súa conexión con Vigo e, en particular, con algúns dos seus principais equipamentos (novo hospital, universidade, parques empresariais, etc.) Ante os problemas do trazado proposto, a Consellería comprometeuse a reformular dito trazado e plantexar unha modificación substancial das estradas autonómicas existentes, de xeito que a través de variantes permitan configurar un itinerario con capacidade e seguridade e eliminen o tráfico de longo percorrido do centro de Gondomar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: