A consellería de Medo Ambiente declarará o espazo de Monteferro como Paisaxe Portexida

:: O conselleiro, Manuel Vázquez, anunciou o inicio dos trámites tras reunirse coa asociación de montes comunais da zona ::

Nigrán, 3 de setembro de 2008.- A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible declarará Monte Ferro, no concello pontevedrés de Nigrán,  como Paisaxe Protexida. O conselleiro, Manuel Vázquez, anunciou hoxe o inicio dos trámites para dotar a este espazo natural desta figura de protección, tras reunirse cos representantes da asociación de montes en man común, que lle trasladaron esta proposta.

Manuel Vázquez manifestou “unha gran satisfacción” por esta iniciativa, que implicará que o Monte Ferro pase a contar cunha figura legal de protección. Para o conselleiro, esto demostra que hai “unha sensibilidade medio ambiental na poboación”, xa que segundo recordou “tamén os comuneiros de Costa da Vela pediron á consellería contar cunha protección medio ambiental”, o que significa “que cada vez se quere máis ao patrimonio natural e á paisaxe”.

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que o trámite para a declaración de Monte Ferro como paisaxe protexida realizarase “seguindo un itinerario de participación, transparencia e acordos” e anunciou que os técnicos de Conservación da Natureza manterán unha reunión cos comuneiros “para analizar todos os proxectos que se derivan desta declaración”.

Esta actuación en materia de conservación de espazos naturais, súmase a outros proxectos en materia hidráulica e de calidade ambiental que a Consellería de Medio Ambiente executou ou está a executar no municipio de Nigrán, e que hoxe abordaron o conselleiro e o alcalde, Efrén Juanes, nunha reunión que tivo lugar no concello.

Os proxectos nos que está a traballar a consellería supoñen un investimento de máis de 11 millóns de euros, na súa meirande parte para melloras no saneamento e abastecemento do municipio.

Entre os investimentos que está a realizar a consellería atópase a explotación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Nigrán, cun prazo de 15 anos de concesión, ata o ano 2020, e cun orzamento adxudicado de 5.677.230 euros. Están tamén en execución as melloras na EDAR, cun custo de 587.672 euros, e xa están rematadas as actuacións de emerxencia que se levaron a cabo para diminuír a carga microbiolóxica da depuradora, e que precisaron dun investimento de 861.236 euros.

O conselleiro tamén destacou, en materia hidráulica, a próxima adxudicación do saneamento e abastecemento aos núcleos de Carballas, Palanca, Amieros, rúa Lameira, Vilariño e San Pedro, por un importe de 198.490 euros. Tamén está previsto adxudicar no vindeiro mes de outubro a segunda fase do saneamento a Chandebrito, cun investimento de 660.808 euros, e que se sumará ás obras de saneamento, por importe de 911.633 euros, nesta mesma zona.

No que respecta ás obras de abastecemento, a consellería destinará 941.566 euros á mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Nigrán. O proxecto contempla unha estación para o tratamento de auga de 200 litros por segundo (actualmente é de 70 litros por segundo), e segundo destacou o conselleiro “garantirá o abastecemento dos próximos 20 ou 30 anos, tendo en conta o crecemento de poboación”.

Entre as obras executadas, a consellería destinou 387.500 euros á rede de saneamento de Nogueira, San Román, A Mámoa e Navas-Priegue. A estas obras hai que engadir o investimento de 765.000 euros no selado dun vertedeiro e rexeneración da zona, e que estará adxudicado a finais de ano.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: