Nigrán acolle un obradoiro sobre latinoamérica

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Nigrán dirixida pola nacionalista Pilar Barreiro  Vilas,  a través da Oficina de Atención a Inmigrantes e o CIM organiza a II Edición do obradoiro “Outras culturas, outras mulleres: novas miradas”. O obxectivo é crear espazos formativos e lúdicos nos que as persoas participantes poidan achegarse á realidade das mulleres noutras culturas a través da gastronomía, do cine, da literatura e o baile mediante distintos obradoiros que se desenvolverán a partir do 15 de setembro e durante o mes de outubro, cunha duración de 34 horas, en horario de tarde.

Esta actividade levarase a cabo coa colaboración do Ministerio de Traballo e Inmigración e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e está incluída dentro do eixe de sensibilización do I Plan Municipal de Integración da poboación Inmigrante 2008-2011.

Compre lembrar que no pasado mes de maio xa se celebrara unha actividade semellante, relacionada naquel entón coa cúltura árabe.

Para inscribirse ou obter máis información poden dirixirse ó CIM na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía nº 65, tlf: 986 38 30 81. E-mail: cim@nigran.org.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: