O concello de Nigrán asegura que ‘a política de austeridade está a dar bos resultados’

Dende o concello de Nigrán aseguran que a  política de austeridade económica desenvolvida polo goberno municipal está a dar bos resultados na recuperación da precaria situación económica herdada do anterior goberno.

“Un ano de Goberno do PSOE-BNG permitíu reducir considerablemente os tempos de espera que os proveedores habituais da administración local viñan facendo para cobrar as súas facturas. Así, pasouse de aproximadamente 1 ano na demora nos pagos, a 3 meses, na actualidade”, asegura Juan Hermida.

O recorte no alumeado público tamén esta supondo un considerable aforro na facturación eléctrica municipal. Con respecto ó mesmo mes do ano pasado (xullo), o aforro acadado con esta medida é do 12,22%, malia que a factura eléctrica incrementou este ano un 3% aproximadamente. Estes datos permiten estimar que, de manterse esta medida, poderiase aforrar ó  ano aproximadamente uns 30.000 €.

Ademáis do aforro económico, cabe resaltar a reducción na contaminación tanto lumínica como atmosférica desta medida que supón deixar de emitir á atmósfera aproximadamente 75 toneladas de CO2 anuais. O CO2 é o principal gas causante do cambio climático polo efecto invernadoiro que produce na atmósfera.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: