O concello de Gondomar valora positivamente o funcionamento do punto limpo

O Punto Limpo do concello de Gondomar vai, paseniñamente, consolidandose como unha instalación útil ao servizo da mellora do medio ambiente do noso concello, facendo así realidade as palabras que tanto o Alcalde Antonio Araújo como o Delegado provincial de Medio Ambiente pronunciaron o día da súa inauguración o pasado mes de marzo.

Mes a mes as cifras van superandose e demostrando que as veciñas e v3eciños  de Gondomar están comprometidos coa mellora do seu entorno. Así de segundos ao terceiro mes  o número de usuarios creceu nun 63%, facendoo en xeral en tódalas parroquias, aínda que se pode sobrancera o caso de Peitieiros, que creceu nese período nun 183%.

Polo que fai aos materiais depositados: os restos vexetais creceron nun 89%, sendo espectacular o crecemento dos colchóns que o fixeron nun 1250%.

Evidentemente as cifras serían aínda máis mareantxes sea coparación a fixesemos con respecto ao primeiro mes de funcionamento.

Mesmo co optimismo que estas cifras alenta, o goberno municipal de Gondomar cré que aínda se debe mellorar moito máis e anima ao vecindario, especialmente ao das parroquias máis alonxadas da instalación a utilizala, sembrando a todos que as instalacións están abertas de luns a venres en horario de 16 a 19 e os sábados de 10 a 14 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: