O PSdeG-PSOE de Nigrán considera que a visita do lider do PP de Galicia Alberto Nuñez Feijó a Gondomar é oportunista

O PSdeG-PSOE de Nigrán considera que a visita do lider do PP de Galicia Alberto Nuñez Feijó a Gondomar é oportunista, “tal e como ven sendo habitual a política da oposición do PP e amosa un evidente descoñecemento e falta de compromisos políticos coa cidadanía”, aseguran.

Ante a falta de diálogo que acusa Nuñez Feijó e a innecesidade do viario proposto no Plan Vigo Integra según o lider do PP, o PSdeG-PSOE de Nigrán considera que o goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia non foi quen de dar solución ós evidentes problemas de mobilidade que acusa toda a Comarca do Val Miñor nin siquera de iniciar un debate social capaz de afrontar os problemas de mobilidade orixinados polo forte incremento poboacional no sur da cidade de Vigo. É máis lembremos que foi o goberno do PP quen en 2003 privatizou o servicio de explotación da autoestrada AG-57 ata o ano 2048 por 1.300 millóns de euros.

Respecto das declaracións que o lider do PP fixo sobre o carril bici da PO-325, estas non poden ser máis desafortunadas. Lembremos que sobre o proxecto de construir un carril bici na PO-325 xa se ven falando polo menos hai máis de un ano e o Sr. Nuñez Feijó, se tivese o máis mínimo interés por este proxecto debería ter exerzido a súa condición de parlamentario da oposición na Xunta e pedir toda a información ó respecto.

O incremento da siniestralidade, según Nuñez Feijó, coa execución do proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-325, non está xustificado. Precisamente o proxecto ten por obxetivo mellorar as condicións de inseguridade que hoxe existen nese vial con medidas tales como a sustitución de semáforos por rotondas, mellora dos accesos ou o incremento da visibilidade en todo o trayecto.

Finalmente Nuñez Feijó non se posicionou sobre o vial A11, Balsa-Saiáns-Porto do Molle, evidenciando un claro apoio a este vial sobre o que o PP de Nigrán plantexou primerio modificacións e posteriormente parece posicionarse en contra á vista das alegacións presentadas ou descoñece a súa existencia. Esta situación de grave falta de coherencia demostra o oportunismo político en función da alarma social creada e a falta de coñecementos que lle permitan desenvolver unha política clara e responsable.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: