Charla en Baiona “3 anos cambiando Galicia”.

O día 10 de Setembro de 2008 celebrouse no C.P. Covaterreña unha charla-coloquio organizada polo PsdeG-PSOE dentro do ciclo de charlas “3 anos cambiando Galicia” na que interviñeron: Arturo Pereira, Secretario Xeral do PsdeG-PSOE de Baiona; Modesto Pose, Secretario Provincial do PsdeG-PSOE de Pontevedra e María José Caride, Conselleira de Política Territorial e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

Perante máis de cen persoas os intervenientes fixeron un balance da xestión dos 3 anos de goberno do PsdeG-PSOE na Xunta de Galicia salientando os seus principais logros como o maior compromiso orzamentario obtido do goberno central, a gran aposta medioambiental do goberno fundamentada nun ambicioso plan de creación de estacións depuradoras ou a protección da costa fronte á especulación urbanística

En clave local, os intervenientes salientaron as principais obras efectuadas no pobo de Baiona entre as que se poden citar a depuradora de Baiona, as obras de recuperación tralas enchentes de Sabarís, os novas ligazóns na vía de alta capacidade para convertela nunha circunvalación ao pobo, os “obradoiros de emprego”, a gardería, o centro de día e as obras de mellora do Porto de Baiona. Así mesmo, destacouse o carácter histórico dos investimentos da Xunta en Baiona durante estes 3 anos, facendo fincapé no feito de que os investimentos responden ás necesidades dos baioneses, independentemente da cor político do equipo de goberno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: