O FORO 21 de Gondomar traslada a Política Territorial o seu rexeitamento a VAL Gondomar-Tomiño

O FORO 21, celebrado o pasado 25 de setembro en Gondomar, acordou enviar un escrito á consellería de Política Territorial, rexeitando a Via de Alta Capacidade Gondomar-Tomiño, polos efectos negativos que tería sobre a vila e o val a construcción desta nova infraestrutura.

 Chegaron a este acordo logo dunha exposición, apoiada con imáxenes de video, feita por membros da plataforma Gondomar Vive e entrouse despois na discusión do Plan desde o punto de vista das necesidades de mobilidade que ten Gondomar para conectarse  mediante transporte público con Tomiño, Tui ou A Guarda polo sur ou con Vigo polo norte, acordando que se redactaría un escrito para dirixir ao goberno municipal, á CPTOPT e a Consellaría de Medio Ambiente, rexeitando os trazados anteditos e reclamando a solución dos problemas de mobilidade que sufre Gondomar.

Ademáis, no foro, discutíronse os seguintes asuntos:
 1)Elección da persoa para ocupar o posto da Vicepresidencia
 2)Informe das Comisións Sectoriais
 3)Análise e eventual pronunciamento sobre o Plan Vigo Integra
 No primeiro  punto resultou nomeado D. Juan Berea Cruz despois de presentar voluntariamente a súa candidatura.

 No segundo punto presentou conclusións a Comisión de Residuos, sendo as máis salientabeis as seguintes:
a) Establecer un premio periódico mensual entre as persoas que máis se distingan pola utilización do Punto Limpo como destinos dos refugallos caseiros.
b) Preparar un cartel indicativo de cal é a canle correta de eliminar as distintas clases de lixo, días da recollida seletiva, etc.
c) Establecer un premio para a parroquia máis limpa e inpulsar a reciclaxe nas mesmas.
d) Implantar unha taxa municipal para axudar a financiar o custe do servizo de recollida de lixo.
Como conclusións acordouse elevar ao goberno municipal a realización dunha campaña polas parroquias, que explicando as boas práticas na utilización do servizo de recollida do lixo, axude a manter o concello nun estado máis limpo, e ademáis a necesidade de que se estudiase o establecemento dunha taxa polo uso do servizo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: