Xa está en funcionamento o novo aparcadoiro de Gondomar

A Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadán pon en coñecemento da cidadanía de Gondomar que durante a pasada semana,  procedeuse, polo persoal do Departamento de Vías e Obras, a repintar os pasos de cebra das principais vías da vila ao obxecto de mellorar a seguridade dos peóns.  Ademais, persoal do mesmo Departamento, preparou un novo aparcamento, público e gratuito , arredor do pavillón cuberto do vello colexio Rodríguez Márquez.

Os traballos consistiron en retirar toda unha cantidade de restos de material municipal que como, entullo, postes de alumeado, etc. levaba anos amoreado no lugar, botarlle unha boa capa de zahorra para evitar o empozamento da auga e dotalo dos pertinentes sinais indicadores. Igualmente, para facilitarlle as persoas o acceso á zona deportiva e dotacional inmediata prepararonse unhas escaleiras que salvan comodamente o desnivel entre un e outra.
 Este aparcamento, desde o que se chega a pe ao centro da vila en tan só tres minutos, atravesando as pontes sobre o río Miñor no Parque da Coelleira, e que maioritariamente, permite estacionar en batería, supón aumentar en máis de dúascentas prazas a capacidade actual de estacionamento en Gondomar. Si a isto sumamos as máis de trescentas do aparcamento da Ponte das Animas, aberto a primeiros de setembro, permitenos afirmar que contamos con cincocentas prazas máis de aparcamento, gratuito, cómodo e perto do centro da vila, que compensan sobradamente as poucas que se suprimiron no centro da mesma.

 Chamamos á cidadanía de Gondomar e ás persoas que teñan a ben visitarnos a que fagan un uso correcto deles,  pero sobre todo, a aqueles pais ou nais que levan aos seus fillos a xogar ao Campo das Cercas, a que utilicen o que hoxe se abre permitindo asi que tanto os rapaces que andan en bicicleta, como os mozos e mozas do Club Atlético Val Miñor que practican atletismo arredor do campo, poidan facelo de xeito cómodo e seguro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: