O Partido Socialista de Gondomar lamenta a súa exclusión da Axenda 21

Xa son como mínimo tres as reunións dos integrantes da mesa de traballo denominada Axenda 21, ás que o Partido Socialista non foi convocado, son moitos os veciños que se dirixen ao Grupo Socialista recriminándolles a súa falta de interese por estas reunións. “Desde o PSOE queremos deixar moi claro que lamentamos profundamente a falta de interese que demostra o BNG na participación de todos os grupos municipais na axenda 21 tal e como esta reflectido nas súas bases”, anuncian nun comunicado.

No Pleno do día 2 de outubro o membro do goberno Antón García manifestou que se debía a un fallo pola súa banda na convocatoria da reunión, que se esqueceu de repasar as Entidades e Grupos invitados.

Estas explicacións lonxe de convencer ao Grupo Socialista máis ben referendan as nosas sospeitas de que desde o goberno do BNG estase intentando illar de todos os foros de debate ao PSOE.

No Pleno do mes de xullo nomear por unanimidade un representante do Partido Socialista, José Carlos Cabaleiro González como membro do Foro Concellos pola Sustentabilidade, creado recentemente en Galicia e que esta enfocado cara ao Medio equilibrado, algo que garda gran similitude coa Axenda 21 Local, polo que nos doe que en Gondomar o goberno municipal non conte cun grupo que teñen condenado á oposición e que lles deu a Alcaldía.

Por todo isto reclamamos a nosa participación na Axenda 21 Local onde intentaremos achegar a nosa experiencia, para que sexa unha mesa de traballo construtiva e que intente achegar solucións ao gran problema ambiental que padecemos os países mais industrializados do mundo.

Advertisements

Unha resposta to “O Partido Socialista de Gondomar lamenta a súa exclusión da Axenda 21”

  1. Zenón de Elea Says:

    Eu coido que o PSOE debería seguir afastado da axenda 21 local en Gondomar. Polo que se ve, en Gondomar o PSOE e mais o PP están confabulados para botar a baixo calquera iniciativa do goberno de Arauxo. Entendo a axenda 21 como unha mesa cidadá, é dicir, que defende os intereses xerais. A oposición en Gondomar, PP ePSOE, está a facer unha politica rastreira que nada axuda. É evidente que o que queren é o poder, un beneficio partidista, nada de traballar constructivamente. Mellor que se queden fora!! Tanto politiqueo apesta. Isto é unha cousa seria señores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: