Gondomar Vive denuncia que a conselleira de Política Territorial non quere recibilos

gondomar_vive

:: Dende a consellería respondeuse á solicitude de entrevista con desculpas pola “apertada axenda” de Caride ::

A Plataforma Gondomar Vive continúa coa súa actividade para acadar a supresión dos viais que o Plan Vigo Íntegra propón para Gondomar. Neste sentido está a estudar o Plan Director de Estradas e a Orde pola que se aproban inicialmente as directrices da ordenación do territorio de Galicia, pois entenden que procede facer chegar a súa opinión ao respecto destes dous documentos, xa que ambos os dous constitúen o marco legal en que se insire o Plan presentado en xullo pola CPTOPT.

Neste sentido, a Plataforma Gondomar Vive solicitará unha entrevista cos técnicos municipais de Gondomar para coñecer o contido do informe que este concellos emitirá sobre o Plan Director de Estradas e para achegarlle a posición da Plataforma.

Estes días recibiron tamén a resposta da Conselleira da CPTOPT á solicitude de entrevista realizada pola Plataforma, na que se responde que non se concederá por mor da apertada axenda da Conselleira, considerando que a petición xa fora atendida no seu día pola Delegada. A Plataforma lamenta que a máxima responsábel da CPTOPT non reciba aos veciños de Gondomar para coñecer de primeira man as súas demandas e poder dialogar sobre a necesidade de supresión do proxecto. Especialmente se ten en conta que as veciñas e veciños de Gondomar presentaron 11.366 alegacións, coma quen di unha alegación por veciño de Gondomar, e que, destas, 266 corresponden a terreos e vivendas que quedarán inmobilizados, e 148 a vivendas que serían total ou parcialmente derrubadas. Un nivel de afectación, por tanto, excesivamente elevado como para que non haxa un oco na axenda da Conselleira. Nesas alegacións figuran maioritariamente alegacións presentadas a título individual, mais tamén alegacións presentadas por varias entidades veciñais, como comunidades de montes e augas.

A Plataforma vai continuar co seu traballo seguindo o acordo adoptado pola asemblea de veciños e veciñas realizada o 29 de xullo, que foi traballar para a supresión do proxecto, obxectivo que a día de hoxe non está acadado, polo que cómpre seguir adoptando medidas para a súa consecución. De acordo con isto, e cando teña recollida toda a información sobre a actuación a levar a cabo sobre o Plan Director de Estradas e as directrices de ordenación do territorio convocarase unha asemblea na que se analizará a situación actual e os pasos a dar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: