O IEM celebra unha homenaxe en lembranza de Victoriano Taibo

vitoriano-taibo
:: Será nas Escolas de Guillufe, Morgadáns, o 14 e 15 de novembro de 2008 ::

Os actos comezarán o venres 14 coa inauguración da exposición sobre a vida e obra de Victoriano Taibo e a presentación do libro “Da Agra Aberta” por Miguel Anxo Mouriño e a revista Monográfica do IEM dedicada a Victoriano Taibo por José Luís Alonso.

Ademáis celebraranse tres conferencias. A primeira de Marta Dacosta, sobre a obra poética de Victoriano Taibo, de Manuel Forcadela, sobre a obra narrativa de Victoriano Taibo e de Xesús Alonso Montero, sobre a biografía e a lingua de Victoriano Taibo.

Presentaranse tamén os poemarios Cabrinfollas e Abicedo editados por Follas Novas Edicións baixo a dirección de Armando Requeixo e dos Proxectos sobre Taibo do editor Luís A. Girgado.
Presenta os actos Araceli Gonda.

Xa o sábado, a partir das 18:30, no exterior das Escolas de Guillufe, descubrirase a placa en lembranza de Victoriano Taibo, realizada por Fino Lorenzo no edificio da Escola de Guillufe coa presenza de Francisco Fernández Rei (que ostenta a delegación do presidente da RAG), Carlos Méixome (director do IEM), Gloria Taibo e Miguel Rodríguez (filla e xenro de Taibo), Urbano Esmerode (presidente da Entidade Local de Morgadáns), de María Xesús Escudeiro, delegada provincial da Consellería de Cultura e Deportes, e Antonio Araúxo (alcalde de Gondomar). O grupo de gaitas Balcón do Miñor interpretará o himno galego.

No interior celebrarase unha conferencia de Francisco Fernández Rei sobre Victoriano Taibo e entregarase o Primeiro Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns e da escultura realizada por Fino Lorenzo. Interveñen Carlos Méixome, secretario do xurado,Urbano Esmerode, presidente da Entidade local de Morgadáns e o autor premiado, Carlos Negro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: