A fundación Érguete-Integración e o concello de Nigrán adhírense á campaña das nacións unidas “plantemos polo planeta”

Con data 15 de outubro de 2008, a Fundación Érguete-Integración adquiriu o compromiso de plantar 45 árbores autóctonas de Galicia dentro da Campaña das Nacións Unidas “Plantemos 7 Mil Millóns de Árbores”.

 O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) está lanzando esta campaña mundial para plantar árbores baixo o nome Plantemos para o Planeta: Campaña dos Mil Millóns de Árbores. Persoas, comunidades, negocios e industrias, sociedade civil, organizacións e gobernos son alentados a facer unha promesa de contribución para plantar árbores no seu sitio web http://www.unep.org/billiontreecampaign/spanish/index.asp co obxectivo de plantar un mínimo de mil millóns de árbores no mundo enteiro cada ano.

A Fundación Érguete-Integración levará a cabo a plantación destas 45 especies autóctonas galegas o vindeiro venres 21 de novembro de 2008 dende as 12,00 horas no terreno municipal anexo ao Campo de Fútbol do Vilariño no Concello de Nigrán. Neste acto participarán o Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes Rodríguez, o concelleiro de Limpeza Cándido Costas Rodríguez e o Concelleiro de Urbanismo, Juan A. González Pérez ademais dos/as traballadores/as da entidade e dos/as alumnos/as dos cursos pertencentes ao IIº Plan Galego de Inclusión Social de Galicia. 

A Fundación Érguete-Integración presentou este proxecto ao Concello de Nigrán para levar a cabo dita plantación nun terreno municipal, de este xeito o Concello de Nigrán participará en esta iniciativa de Nacións Unidas e da Fundación Érguete-Integración tanto como un compromiso co Medio Ambiente e coa incorporación sociolaboral que a Fundación Érguete-Integración leva facendo dende hai dez anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: