A delegada provincial de Cultura en Pontevedra visita hoxa a igrexa de Santa Mariña de Vincios

A delegada provincial da Consellaría de Cultura e Deporte en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, e o xefe de servizo de Patrimonio Cultural na mesma provincia, Xulio Carballo, realizan hoxe unha visita a tres templos nos que se realizaron diversas labores de rehabilitación e que ascenderon a 170.000 euros.

O seu percorrido, no que os acompañará o técnico da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais Carlos Gómez-Gil Aizpurua, comezará na Igrexa de Santa María de Castrelos, en Vigo, continuará na Igrexa de Santa Mariña de Vincios, en Gondomar, e rematará en Moaña na Igrexa de Santa Eulalia de Meira.

No templo vigués investíronse 40.750 euros para diversas reparacións, entre as que destacan as realizadas sobre as pinturas murais (6.471 euros) e na imaxe da Santísima Trinidade (4.280 euros).

Na Igrexa de Santa Mariña de Vincios desenvolvéronse traballos restauradores por un valor de 87.522 euros, dos que máis da metade se volcaron nas pinturas murais (23.750 euros) e nos retablos laterais (33.814 euros).

A derradeira parada da súa ruta será o templo de Santa Eulalia de Meira, en Moaña. As intervencións centráronse no retablo maior (13.091 euros ) e no retablo da Virxe Dolorosa (11.890 euros), ás que se suman diversas actuacións a mellora do templo (16.170 euros).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: