Este mércores sesión do espazo de lectural na Biblioteca de Gondomar

Este próximo mércores, 26 de novembro, a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá dúas representacións do espectáculo teatral Remoldiño vai á feira, da compañía Casahamlet, adaptación do conto do mesmo título do que é autor Xoán R. Cuba con ilustracións de Óscar Villán. Este espectáculo, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, chega a Gondomar da man da asociación Espazo Lectura, que organizou dúas sesións: unha, ás 12:00h, para o alumnado de Educación Infantil do CRA Antía Cal, e outra, ás 17:00h, aberta a nenos e nenas de 3 a 8 anos, que se inscribiron previamente a través de Espazo Lectura. A actividade encádrase dentro da programación de fomento da lectura que Espazo Lectura está a desenvolver ao longo de todo o mes de novembro baixo o lema Polo San Martiño, contos ao camiño.

O espectáculo da compañía Casahamlet, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto rimado homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Edicións Xerais dentro da súa colección «Merliño»: Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu. Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.

 

Esta iniciativa, igual que o espectáculo de música e contos Contos en cantos celebrado o sábado 15 en Gondomar coa asistencia de mais de 200 nenos e nenas, quere ser unha contribución de Espazo Lectura á programación cultural do Val Miñor no ámbito do fomento da lectura, un camiño no que esta asociación traballa desde hai tempo con iniciativas como o Contomar, a campaña Bookcrossing no Val Miñor, a Noite na Biblioteca ou os seus diversos clubs de lectura (Lendo contigo, Formación lectora, Sete vidas, Lecturas debuxadas).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: