O PSdeG-PSOE de Baiona oponse ao Plan Xeral

baiona_foto-pxom-baiona

O partido Socialista oponse á aprobación inicial, do Plan xeral presentado polo grupo de goberno, Por que non é unha boa base de partida.

Hai meses a Agrupación do PSdeG-PSOE de Baiona colgou na súa páxina web uns comentarios ao plan xeral presentado pola Alcaldía que manteñen toda a súa
actualidade. Quen os queira consultar pode facelo na dirección http://psdeg-psoe-baiona.blogspot.com/.   A Alcaldía non fixo o máis mínimo caso do que alí se dicía, contradicindo a vontade de consenso que pregoa, e presenta para a súa aprobación ao Pleno do Concello, sen ningunha modificación, o plan preparado pola empresa Servicat contratada para este mester.

Algo avanzamos, porque ata agora o Alcalde lavábase as mans dese plan, achacándoo á empresa. Xa non é así. É o equipo de goberno o que o presenta ao Pleno e faino así seu. Pero non basta. Ao presentar o seu plan déixao como estaba, é dicir, aproba o plantexamento do futuro da vila que nel se recolle e pide que os grupos políticos o acepten como base de discusión. Non podemos estar máis en desacordo. Estamos seguros de que tiñamos razón cando sinalabamos non xa as carencias senón os dislates dese plan. E estamos seguros de que terá que ser profundamente reformado para adaptalo aos requisitos legais mínimos.

Aprobalo nestas condicións, coa precipitación que supón adiantarse nunha carreira contra o reloxo á recepción do informe da COTOP (non vaia ser), e convocando un Pleno Extraordinario cunha mínima antelación, non nos parece unha actitude de recibo. O consenso que o Alcalde reclama ten que conquistalo, e de momento non o está a facer.

Afortunadamente hai unhas leis que cumprir e un Goberno na Xunta que vai a por ese cumprimento. Ese Goberno xoga no noso bando e non imos opoñer ningún patriotismo
municipal á salvagarda dos nosos intereses máis xerais. O desenvolvemento sostible é a nosa bandeira e non imos renunciar a ela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: