A ría non se vende defende o carril bici

A asemblea semanal de colectivos da Rede A Ría Non Se Vende valorou moi positivamente a resposta cidadá á manifestación do pasado domingo día 30 en Vigo que, baixo o lema “O asfalto non é progreso: Pola retirada do Plan Vigo Íntegra”, congregou a máis de 1.000 persoas a pesar do frío e da chuvia persistente.

 Ante o publicado nalgún medio de comunicación, A Ría Non Se Vende quere deixar ben clara a súa postura totalmente favorable aos carrís bici, posicionamento que xa quedou explicitamente expresado no documento de convocatoria da manifestación, onde figura nun lugar destacado entre as alternativas que propoñemos ao Plan Vigo Íntegra. (1)

 O Plan proxecta unha única actuación deste tipo, entre Vigo e A Ramallosa. Nós promovemos a creación dunha rede de carrís bici que cubra toda a cidade de Vigo e que a enlace coas parroquias, vilas e comarcas da contorna, garantindo así a seguridade necesaria e facilitando o uso da bicicleta como medio de transporte. Polo tanto estamos a favor dese carril bici, sumado a moitos máis, que conformen unha alternativa ao coche. Algo que, por certo, xa existe nun alto porcentaxe de cidades europeas e do estado español.

 Por outra banda, dindende a asociación, “lembrar que o Vigo Íntegra pretende construír 243,8 quilómetros de novas autovías e 82,4 de estradas, sendo ese pequeno carril bici (15 km) a única actuación que non vai exclusivamente dirixida a fomentar o uso do automóbil. É, como mínimo, pouco rigoroso darlle tanta relevancia e protagonismo dada a súa insignificancia dentro da magnitude do Plan”.

 

Advertisements

Unha resposta to “A ría non se vende defende o carril bici”

  1. Benxamín Rocha Says:

    Estou a favor do carril-bici/dos carrís-bici. Coido que as vantaxes que proporcionará aos cidadáns serán infinitamente superiores aos inconvenientes que poidan causar, pero tamén creo que o civismo e a solidariedade son valores sociais que é lexítimo reclamar a aqueles que se sintan prexudicados. Estes que pidan as compensacións ás que se consideren merecentes, pero que non se opoñan ao ben común.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: