Silva condenado a ano e medio de cárcere

:: 8 anos de inhabilitación para o ex alcalde de Gondomar e 5 dos seus concelleiros ::

O xulgado do Penal Nº2 de Vigo impuxo ao ex alcalde de Gondomar, o popular José Carlos Silva, e aos cinco concelleiros da súa xunta de goberno, unha pena de ano e medio de prisión e oito anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación urbanística ao ter concedido 39 licencias de obra co PXOM anulado entre o 7 de decembro de 2005 e o 17 de xaneiro de 2006. Tanto Silva como Ángel Gregores, aínda concelleiros da corporación municipal, aínda que na oposición, quedan, por esta sentencia, apartados da súa acta de cncelleiros.

Aínda que a defensa alegou que os acusados concederon as licencias con informes favorables dos técnicos, o xuíz considera probado que coñecçian  a auto do TSX no que se declaraba nulo o acordo de maio de 2005 no que se intentou subsanar e dar validez ao planeamento urbanístico e que, ademçais, ocultaron esta resolución aos técnicos, o que agravou aínda máis a pena.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: