O 5 de xaneiro os reis chegan a Gondomar

reis-magos

Un Ano máis e como ven sendo tradición, o día 5 de Xaneiro as súas Maxestades de Oriente visitarán Gondomar nunha procesión animada con luces e música ó longo das principais rúas do Concello. Este ano, espérase a súa chegada sobre as 19.30 horas, entrando porla rúa Eduardo Iglesias, para baixar despois por Elduayen ate chegar-lo Pavillón de Deportes, onde nunha tarima e sentados nos séus tronos, recibirán ós nenos que desexen facerlles peticións ou entrega das súas cartas.

Para o acompañamento musical deste desfile, o Departamento de Cultura, contará coa colaboración da Asociación de veciños Galiñeiro de Vincios que animará o paso coa actuación musical da súa Rondalla.

Por outra banda, o día seguinte, e para celebra-la venida dos Reis Magos, seis rondallas serán participantes do XXVII Certamen de Rondallas de Reis amenizando con músicas tradicionais proprias destas datas  e vistosos saúdos e cruces de bandeiras as principais rúas do casco urbán.

A partires das 10,45 abrirá o Certamen como xa ven sendo habitual a Rondalla S.C. Helios de Bembrive, seguidamente actuará a Rondalla da AA.VV Galiñeiro de Vincios que cruzará bandeiras coa Rondalla do A.C. A Merced de Chaín. Tra-la súa participación cruzará bandeiras coa Rondalla do C.C.A.R. de Valadares, que o término da súa actuación intercambiará tamén saúdos coa Rondalla de C.C.D. Santa Eulalia de Mos e para conclui-lo tempo de músicas pola rúa, a Rondalla de C.S.C.R. de Beade despedirá ó nos público dando así por finalizado o XXVII Certamen de Rondallas de Reis en Gondomar.

E así rematan as celebracións e a Programación Cultural de Nadal 2008-09 prevista pola Concelleira de Cultura Dna. Fátima Rodríguez no Concello de Gondomar. Desexando a todos un ano cheo de ledicia e bonanza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: