Conferencia sobre o acelerador de partículas no IEM

O  venres 9 de xaneiro  de 2009 no Pazo da Escola de Mañufe-Gondomar ás 20:30 h.  terá lugar a primeira das Instituto de Estudos Miñoranos deste novo ano.  Nesta ocasión o convidado do IEM é o Catedrático de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela e ex reitor da mesma, entre 1984 e 1990, CARLOS PAJARES VALES.

 O profesor PAJARES VALES que o pasado ano foi recoñecido co Premio Galicia de Investigación centrou as súas investigacións na orixe do universo. Na actualidade participa nunha experiencia, xunto a 1.200 físicos que pertencen a 105 institucións, que  intentan  reproducir as colisións polas que pasou o primeiro instante do universo. Este traballo está integrado dentro da experiencia denominada LHCD ou acelerador de partículas que trata de reproducir o Big Bang en pequeno, e estudar como se vai formando a materia.

O noso convidado será presentado polo profesor de Física e Química do IES Escolas Proval de Nigrán Salvador Rodríguez Muñoz.

 Ao remate do acto aberto ao público e como é costume haberá unha cea co convidado, á que se pode asistir previa reserva no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico direccion@minhor.org.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: