A Policía Local de Baiona conta con tres novos axentes

baiona_policia1

:: O concello destaca a formación das novas incorporación ::

Dende o mes de decembro  o corpo da Policía Local de Baiona, composta por tres oficiais e sete axentes, conta con tres novos policías que supoñerán un importante reforzo para atender os múltiples asuntos para os que son requiridos no día a día. Estas incorporacións prodúcense despois de ter pasado con éxito o período de instrución na Escola de Policía e o de prácticas no concello.

A súa ampla preparación recolle aspectos tanto teóricos como prácticos. E na súa formación, desde fai algún tempo, inclúense temas relacionados co medio ambiente, coa violencia de xénero ou aqueles relacionados con delitos informáticos. Hai que ter en conta que a Policía Local, por ser a máis próxima á cidadanía, é a primeira en actuar en caso de accidentes ou sinistros. Tamén son os primeiros en acudir cando o cidadán reclama a atención dos servizos de urxencia ou cando se rexistra calquera tipo de denuncia, incluídas as relacionadas co medio ambiente.

A isto hai que engadir a vixilancia de tráfico, o mantemento de orde pública, velar polo coidado e seguridade dos escolares á entrada e saída de colexios, os conflitos veciñais, ou a resolución dunha infinidade de asuntos para os que son requiridos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: