Nigrán leva a cabo obras de saneamento por valor de casi 200 mil euros

nigran_saneamento-en-vilarino

:: As parroquias beneficiadas son Carballas, Palanca, Amieiros e Lameira en Vilariño ::

O martes dous de decembro comenzaron as obras da rede de saneamento e abastecemento de auga nas rúas Carballas, Palanca, Amieiros e Lameira no barrio de Vilariño de San Pedro da Ramallosa (Nigrán). Con esta actuación subvencionada ao 100% pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Organismo Autónomo de Augas de Galicia, con 198.490,55 € ven a deixar resoltos os problemas de abastecemento e saneamento nun amplo territorio e trátase da primeira obra a que seguirán as de Chandebrito, Camos, Lourido ou Nigrán.

É un obxectivo de este goberno achegar estos servicios imprescindibles á maioría dos cidadáns de Nigrán e de aí o gran esforzo económico da Xunta de Galicia e o concello de Nigrán invertindo máis de un millón de euros nestes proxectos que permitirán conectar directamente ás augas fecais en estos colectores de saneamento para a súa posterior depuración a través dos colectores xerais municipais para o seu tratamento na estación depuradora.

As obras corresponden a todas as necesarias para dotar a Vilariño dunha rede de recollida de augas fecais e a súa conexión a rede  xeral de saneamento, rede que se realizará en tubería de PVC colocada en zanxa sobre unha cama de area de 10 cm de espesor. Para elo excavaranse zanxas e unha vez instalada a tubería procederase ao recheo con terra fina e dita rede cubrirá 1.514 metros e realizaranse

O Plan de obra establécese en seis meses para levar a cabo o movemento de terras (3 meses), colocación de tuberías (4 meses), bombeo (4 meses) e obras de fábrica (6 meses)

O orzamento total da obra é de 198.490,55 € que será realizada pola empresa COVSA, a financiación é o 100% da Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, da Xunta de Galicia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: