O PSOE de Baiona esixe unha campaña de reciclaxe

Din os socialistas que a situación da recollida selectiva en Baiona é moi deficitaria  en instalacións, son moi escasos os puntos onde se atopen a tódolos contenedores, polo que os veciños e veciñas que queren reciclar e Baiona están condenadas a facer unha auténtica peregrinaxe por varios puntos de recollida para poder depositar os distintos residuos nos correspondentes contenedores. Por iso anunian que é  imprescindible que en tódolos puntos de recollida de lixo se dispoña os contenedores de vidro plástico e cartón.

Tendo en conta que nas datas de Nadal existe un maior consumo e, en consecuencia, aumenta o volume de residuos sobre todo de cartón, plástico e vidro, o Grupo Municipal Socialista insta o Goberno a reforzar  a recollida e, en datas puntuais, facer  unha recollida especifica de cartón , restos de balaxes e facer una recollida especial de árbores para poder replantalos . Tamén consideran que se debe intensificar a campaña de sensibilización con carteis e bandos e actuacións nos centros educativos e cívicos do concello.

“Entendemos que é o momento de iniciar  a recollida de aceites que o goberno municipal anunciou con tanto bombo”, din os socialistas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: