A agrupación socialista de Baiona propón a Antonio Goce e Teresa Pérez para as listas do Parlamento

baiona_lista-parlamento

O pasado sábado 10 de xaneiro de 2008, ás 18:00 h celebrouse na sede do PSdGPSOE de Baiona, a asemblea extraordinaria para a elaboración das listas de candidatos ás eleccións ao parlamento de Galicia.

Cumprindo ca orde do día da convocatoria procedeuse á Constitución da asemblea e elección da mesa, acto seguido o presidente da mesa recibiu as propostas que os compañeiros presentaron, unha da Executiva do PSdG-PSOE de Baiona, outra por parte de Carlos De La Peña Arizaga encabezada por Emilio Pérez Touriño e outra de
Diego Carou Porto encabezada por Diego Carou Porto. Tras unha breve exposición das tres listas e defensa das mesmas polos compañeiros que as presentaban se decide cal é a mellor forma de votalas. A decisión do presidente da mesa, escoitados os argumentos dos compañeiros que presentaron as listas, procédese a facer unha papeleta onde cada militante presente debe marcar cun sinal os compañeiros que pensa deben ser incluídos na lista.

Votaron un total de 39 militantes, sendo os compañeiros de Baiona propostos para presentarse como candidatos ao Parlamento de Galicia os seguintes:

Teresa Pérez Vieira
29 votos
Antonio Goce Castro
28 votos
Diego Carou Porto
10 votos
Laura Míguez Pérez
9 votos

Ademais dos compañeiros de Baiona tamén son propostos na mesma lista Emilio Pérez Touriño, María Xosé Caride, Modesto Pose, Dolores Villarino, Carmen Gallego, Abel Losada, Pedro Borrajo, Manuel Gallego, Guillermo Meijón, Juan José Hermida Lago, Juan Francisco Pereira González, Teresa Pereira Capel, Soledad Sánchez e Luis Antonio Gómez.

Advertisements

2 Respostas to “A agrupación socialista de Baiona propón a Antonio Goce e Teresa Pérez para as listas do Parlamento”

  1. Diego Says:

    El titular del artículo no me parece adecuado por lo siguiente:

    A pesar de ser cierto que la ejecutiva del partido propuso en primera instancia a la asamblea esos dos nombres, la asamblea de acuerdo con el procedimiento de establecido para la elaboración de candidaturas decide que los nombres propuestos por la agrupación de Baiona sean, en lo que respecta a baioneses:

    Teresa Pérez Vieira
    Antonio Goce Castro
    Diego Carou Porto
    Laura Míguez Pérez

    Es decir, el resultado es la decisión de la agrupación de Baiona y no de la ejecutiva del partido.

    Un cordial saludo,

  2. barrabí Says:

    Certo é, a nota de prensa no titular dicía que a agrupación socialista de baiona, en asemblea extraordinaria había elexido os seus candidatos ao Parlamento Europeo, onde sairon catro candidatos da agrupación de Baiona, nembargantes, lendo e releendo a noticia, en ningures di que sexa decisión da executiva.

    Saudos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: