Nigrán xa ten un centro de Dinamización da Sociedade da Información

nigran_centro-dinamizacion

No día de onte inaugurouse no núm. 3 da Rúa Curros Enríquez, a carón do Colexio Público Humberto Juanes en Nigrán, o Centro de Dinamización da Sociedade da Información.

Ao acto de inauguración asistiron a Delegada Provincial da Consellería de Industria, Montserrat Prado Cores, a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela Martínez, e o Tenente de Alcalde do Concello de Nigrán, David Giráldez Fernández, asi como representantes das  entidades veciñais, sociais e deportivas do concello de Nigrán.

No acto explicouse aos asistentes que neste centro, unha persoa dinamizador encargarase de asesorar e orientar as persoas e entidades e iniciativas relacionadas co desenvolvemento da actividade económica e empresarial. Ademais a figura do dinamizador vai prestar toda a axuda, asistencia e  formación que  precisen para poder mellorar e desenrolar a súa actividade diaria con maior eficiencia  adaptándose e adecuándose as tecnoloxías dos novos tempos.

O centro está acondicionado para 13 postos con seus respectivos Pcs, ademais do posto de dinamizador, e todo o equipamento preciso para desenvolver a súa actividade (impresora láser e un escáner de alta velocidade, Servidor propio, canón proxector, cámaras web….). A nivel tecnolóxico destacar que todos os equipos están instalados con Software Libre e de Libre Distribución, rede Wifi de alta velocidade e conectividade a internet de alta velocidade.
 O centro conta ademais nas súas dependencias cunha Sala de Formación e outra Sala de Reunións

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: