Pintadas galegófobas na Galescola de Nigrán

nigran_pintada-galescola

Ante a aparición no pasado fin de semana de varias pintadas de carácter galegófobo nas instalacións da Galescola de Nigrán esixindo unha suposta ¨ liberdade lingüística¨: (¨Galicia es España¨, ¨Galescola fuera de Galicia¨….), o Tenente de Alcalde David Giráldez Fernández  manifesta que a Galescola é un centro que responde as necesidades educativas e asistenciais dos fillos e fillas de 0 a 3 anos de decenas de pais e nais que custou unha inmensidade de traballo e recursos económicos. Os métodos pedagógicos que se aplican están avalados e moi ben cualificados por varios expertos en educación na Unión Europea.

Engade que “a suposta liberdade lingüística a que aluden os autores da devanditas pintadas é unha  falsa e esteril polémica e non existe tal conflicto tanto en Nigrán coma no conxunto de Galiza. E se alguen sufriu neste pais, Galiza, represión lingüística foron, por exemplo, os miles de nenos/as que foron escolarizados na ¨Longa Noite de Pedra¨.
O Concello de Nigrán ten que asumir agora o custe da limpeza dos manchóns realizados por estes vándalos destinando enerxías e recursos a restaurar o que outros antes destruiron.

Advertisements

Unha resposta to “Pintadas galegófobas na Galescola de Nigrán”

  1. ecodepontecaldelas Says:

    É sintomático que ainda non se escoitara un comunicado de condena, destes tristes feitos, por parte do galegófobo Partido Popular.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: