O BNG de Nigrán en contra da reducción dos ámbitos contemplados no plan sectorial de Vivenda

Ante a proposta do Alcalde de Nigrán, remitida por escrito  á Consellería de Vivenda e Solo, pedindo a reducción dos ámbitos contemplados no Plan Sectorial de Vivenda para o Concello de Nigrán á tan só a delimitación do SAU-5 contemplada nas actuais Normas Subsidiarias de Planeamento, o Grupo Municipal do BNG a través do seu portavoz, David Giráldez, desexa manifestar publicamente:

Primeiro.- A proposta remitida por escrito á Consellería de Vivenda e Solo é unha proposta do alcalde, Efrén Juanes, ou como moito do grupo do PSOE, e non do Goberno Municipal de Nigrán polo feito de que o grupo do BNG, que de momento forma parte do Goberno Municipal, nin comparte nin subscribe dita proposta.

Segundo.- Pedir a reducción do Plan Sectorial de Vivenda no Concello de Nigrán ao ámbito delimitado no SAU-5 é pouco menos que pedir a retirada total do mesmo, como pretenden PP e UCN, polo feito que sería inviable técnica e economicamente o seu desenvolvemento.

Terceiro.- O BNG de Nigrán, así como moitos veciños, non entende a postura do alcalde e o PSOE de Nigrán respecto ao Plan Sectorial de Vivenda así como as súas numerosas contradiccións e incongruencias. Primeiro negocian coa Consellería os tres ámbitos plasmados no Plan, posteriormente manifestan que lles parece excesivo o número de vivendas contempladas, despois non fan alegacións no período de información publica para finalmente agora demandar algo que saben que non se vai conceder.

Cuarto.- O BNG actúa a favor dos intereses das maiorías sociais, non dos intereses particulares e privados duns poucos. Para nós o interese xeral é a vivenda protexida a prezo taxado e asequible para a maioría dos nosos veciños e veciñas e por iso defendemos o Plan Sectorial de Vivenda para Nigrán tal como foi inicialmente prantexado. Pensamos naquelas persoas que precisan unha vivenda protexida porque non poden acceder a unha vivenda libre polos prezos desmesurados. O PP e os independentes actúan pensando nos intereses de promotores de vivendas libres e dos que especulan cos terreos encarecendo as vivendas. Lamentamos que o PSOE, renunciando a defensa deste Plan Sectorial, finalmente acabe coincidindo con eles e non lles preocupe a situación dos centos de veciños e veciñas que non teñen e precisan dunha vivenda.

Por último, entendemos a preocupación dalgúns veciños e veciñas con vivendas nas zonas onde está previsto desenvolver o Plan Sectorial, tendo en conta que están a ser deliberadamente desinformados polo PP, empeñando en manipular o contido do Plan Sectorial xerando unha alarma social inxustificada.
Neste sentido, o BNG de Nigrán lembra que está a disposición dos veciños e veciñas para buscar alternativas ou aclarar calquera cuestión do Plan Sectorial en colaboración coa Xunta de Galiza, tendo en conta que a propia Consellaría de Vivenda e Solo reiterou que ningunha vivenda en Nigrán vai ser obxecto de expropiación, posto que os tres ámbitos elixidos son suficientemente amplos para non ter que recorrer a esta alternativa. Ademais, tamén ten informado publicamente que o obxectivo é acadar a totalidade dos terreos de mutuo acordo cos propietarios, ben por compra ou ben por permuta de solo bruto por solo urbanizado con destino a vivenda de prezo taxado.
En todo caso, por parte do BNG informase publicamente que se estudiarán debidamente todas as alegacións presentadas polos propietarios afectados e que non se vai levar adiante o desenvolvemento daqueles ámbitos do Plan Sectorial onde a maioría dos propietarios non o desexen.

Advertisements

Unha resposta to “O BNG de Nigrán en contra da reducción dos ámbitos contemplados no plan sectorial de Vivenda”

  1. Nigrán Says:

    Non sei se nos damos conta de que os solos rúticos especialmente protexidos non poden ser incorporados a un Plan Sectorial.
    Non sei se nos damos conta das necesidades de movilidade, entre otras, que se van xerar cun incremento da poboación do 30% no Concello de Nigrán.
    Rematada a era do ladrillo a algún propietario de solo masivo é o mellor que lle pode pasar, que lle incorporen o solo ó Plan de Vivenda.
    ……..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: