Charlas informativas sobre o PXOM de Baiona

O PSdG-PSOE de Baiona realizará ao longo desta semana as charlas informativas sobre o PXOM de Baiona polas distintas parroquias do Concello para analizar de forma xenérica o Plan Xeral que pretende aprobar o Sr. Alcalde Xesús Vázquez Almuiña e que agora se atopa en período de exposición pública para a presentación de alegacións por parte dos veciños e asociacións interesadas no plan.

Dada a importancia deste plan para o futuro de Baiona, dende a executiva se pretende facer saber os veciños as carencias deste plan, e informar daqueles aspectos do mesmo que non cumpren coa legalidade vixente como xa indica o informe presentado pola CPTOPT.

As datas e lugares das charlas son os que veñen a continuación:

Baíña Centro Cultural de Baíña Mércores 21 de xaneiro ás 20:00 horas
Belesar Colexio Público de Belesar Xoves 22 de xaneiro ás 20:00 horas
Sabarís Colexio Público de Sabarís Venres 23 de xaneiro ás 20:00 horas
Baiona Colexio Público de Covaterreña Sábado 24 de xaneiro ás 18:00 horas
Baredo Centro Cultural de Baredo Domingo 25 de xaneiro ás 11:00 horas

Así mesmo, a executiva informa de que a sede, sita na Praza de Santa Liberata nº 6 baixo, permanecerá aberta tódalas tardes dende as 19:00 ata as 21:00 horas durante a semana, e os sábados de 11:00 as 13:00 horas para axudar ós veciños na medida do posible na presentación das súas alegacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: