O concello de Nigrán invertirá os 92.803,70 € para o ano 2009 a través do Plan Provincial de Cooperación (PPC) na Rúa Bernardo Vázquez

Financiado en un 40% polo Ministerio de Administracións Públicas (37.121,48 €), nun 30 % polo concello de Nigrán (27.841,11 €) e cun 30% pola Deputación de Pontevedra (27.841,11 €), e distribuido entre os concellos do Estado aplicando os criterios  dun 60 % en función da poboación e un 40% en función da superficie servirá en este ano para levar a cabo a pavimentación completa da Rúa Bernardo Vázquez entre o cruce da PO325 e a Avda. Praia América.

As obras consisten no fresado do firme actual, barrido e limpeza da superficie a pavimentar, capa de rodadura M.B.C. tipo D-12 de 5 cm. espesor, recrecido das arquetas e pintura do vial continuando así cos traballos levados a cabo polo Concello e a Consellería de Política Territorial en esta mesma rúa no tramo comprendido entre a PO 325 e a PO 552.

Trátase dun vial fundamental para as comunicacións do Concello e que leva esquecido polos gobernos municipais dende hai moitos anos, para o Goberno actual tratouse sempre dunha prioridade absoluta, estos máis de 92.000 € servirán polo tanto para levar a cabo aúna obra que non soio sirve de comunicación interna en Nigrán sinón que é acceso as praias de Lourido e Panxón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: