O IEM acolle a presentación da ‘Guía das plantas de Galicia’

O Instituto de Estudos Miñoranos retoma este ano a actividade QUEREMOS TANTO OS LIBROS  coa presentación da “GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA” da que autor o profesor, botánico e membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Ramón García Martínez.O acto será o xoves 22 de xaneiro ás 20:30h. na sede social do IEM e a presentación do autor realizaraa o profesor e membro tamén da Xunta de Goberno do IEM, Xilberte Manso de la Torre.

  Trátase dun instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país que nos permite a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. Recóllense 1.386 especies e máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral das plantas ou aspectos de relevancia para a súa identificación. Complétase con debuxos cando son necesarios así como cun amplo vocabulario. Esta importante obra está editada por Edicións Xerais de Galicia e poderase adquirir na presentación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: