Baiona terá cun centro de recuperación da Fauna Mariña

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Ministerio de Medio Ambiente,  Medio Rural e Mariño, levarán a cabo o proxecto para a construcción do Centro de Recuperación da Fauna Mariña, pioneiro en Galicia, e que será o centro de referencia para prestar atención clínica e desenvolver estudos sobre os animais mariños.

O conselleiro, Manuel Vázquez, e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, presentaron hoxe en Vigo o proxecto para a construcción deste complexo, que estará ubicado en Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. O proxecto conta cun orzamento de 988.581 euros, na  primeira fase das obras,  e será o primeiro en Galicia especializado en prestar atención clínica a tartarugas e mamíferos mariños.

Manuel Vázquez destacou na presentación que a posta en marcha do proxecto supón que Galicia “pase a contar cunhas instalacións axeitadas, cun centro de referencia, para prestar asistencia aos animais mariños”, ao igual que se fai coa fauna silvestre nos centros de recuperación de Oleiros, Cotorredondo, O Veral e O Rodicio.

O Centro de Recuperación da Fauna Mariña terá como principal obxectivo prestar asistencia clínica aos animais enfermos ou feridos, principalmente aos que quedan varados nas costas, co fin de rehabilitalos e devolvelos ao mar. Ata o de agora a consellería realizaba a recuperación destes animais mediante os convenios de colaboración anuais asinados coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), en dependencias cedidas polos centros relacionados coa actividade mariña, como acuarios, institutos de investigación ou ONGs.

Así, o novo centro permitirá mellorar a asistencia á fauna mariña, ao contar cunhas instalacións axeitadas ás súas necesidades, e tendo en conta que moitos dos animais que aparecen varados están considerados de gran importancia e catalogados como especies en perigo de extinción, vulnerables ou de interese comunitario.

O complexo, que ocupará unha superficie de máis de 1.000 metros cadrados, situarase nun terreo que ten accesibilidade por estrada á costa e que pola súa proximidade ao mar permite a captación de auga mariña para os animais. As instalacións incluirán un conxunto de edificios, recintos con piscinas e espazos para albergar á fauna mariña. 

O centro tamén terá entre as súas funcións o impulso das labores de divulgación ambiental e investigación sobre especies mariñas, de xeito que as instalacións estarán distribuídas entre as seguintes áreas:

Zona de instalacións dedicadas ao ingreso e mantemento de animais mariños que requiran tratamento, hospitalización e rehabilitación.
Área para estudos post-mortem dos animais.
Zona de almacenaxe de mostras do Banco de Mostras Biolóxicas de Mamíferos e Tartarugas Mariñas de Galicia, para a realización de proxectos de investigación.

Arquivo de documentación relacionada coa fauna mariña.
Zona aberta ao público para actividades educativas e sociais, que incluirán ciclos de conferencias e visitas guiadas, entre outras.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: