Aprobación Definitiva da “Modificación (nº 18) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal”

 A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia ven de aprobar definitivamente,  na Orde do 15 de decembro de 2008, a “Modificación (nº 18 ) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal referida a cambio de regulación das condicións de edificación dos locais comerciais”.

 O municipio de Nigrán está regulado urbanisticamente por unhas Normas de Planeamento aprobadas  o 25/11/1975 e modificadas o 16 de marzo de 1991. Previa á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de 25 de novembro de 1987, no noso municipio xa existía un amplo parque de edificios de vivendas plurifamiliares permitíndose na súa planta baixa o uso comercial e prohibindo o uso residencial. Sin embargo na regulación concreta de ese uso comercial non se tivo en conta que a maioría deles  contan cunha altura inferior a tres metros na súa planta baixa polo que as propias Normas non permiten actividade nos mesmos.

 Se analizamos o elevado número de locais baleiros en Nigrán, a demanda do uso comercial existente, a grande dependencia da poboación co comercio de proximidade, a fase de declive das zonas afectadas, consideramos necesario potenciar esa actividade comercial, freada, en parte, polo incumprimento da altura mínima dos locais. Por elo o Grupo de Goberno do Concello de Nigrán considerou procedente excepcionar da tal cumprimento a aqueles locais construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias, por suposto sempre que se asusten as condicións esixidas polas diferentes regulamentacións (Seguridade e Hixiene, Espectáculos,…).

 Dende o Goberno de Nigrán consideramos que con esta modificación impulsaríamos o pequeño comercio tan demandado en este municipio, afianzaríamos a poboación que utiliza estos edificios de planta baixa baleira e contribuiríamos a unha mellora na ordenación urbanística vixente permitindo que estes volumes construidos con anterioridade ás NNSS teñan vida propia integrándose no plan e na vida da cidade.

 A proposta que o Goberno levou ante a Xunta de Galicia e que foi aprobada coa unanimidade de todos os grupos en sesión Plenaria e agora refrendada pola Dirección Xeral de Urbanismo, e que “a altura mínima dos locais comerciais será de tres metros, salvo aqueles que fosen construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais que poderán ter unha altura libre mínima de 2,70 metros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: