O xoves 29 proxectase o documental Afranio en Gondomar

:: A proxección, aberta ao público, será o próximo xoves 29 de xaneiro de 2009, ás 20:30 h. na “Aula de Cultura PONTE DE ROSAS” (Avda. da Feira, 10, baixo –Gondomar ::

 Desde hai tempo o IEM ven colaborando con outras asociacións de memoria histórica e/ou culturais nun amplo proxecto de actividades en torno á figura de Antón Alonso Ríos (profesor, político, emigrante, fuxido, exiliado é un dos protagonistas claves da Galiza do século XX). Parte dese proxecto foi a realización das xeiras do IEM do verán de 2007 dentro do “roteiros do Afranio” e a realización da exposición “Antón Alonso Ríos. O Siñor Afranio” que xa visitou o Val Miñor no mes de decembro pasado.

 Outro dos proxectos xa realizados foi a realización do  filme-documental “Afranio”, baseado no libro autobiográfico que o propio Alonso Ríos escribiu en 1979, un ano antes de falecer, baixo o título de “O Siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido”.

No documental recréanse os dous anos e medio nos que Alonso Ríos tivo que  sobrevivir fuxindo dos franquistas, facéndose pasar por un mendigo portugués chamado Afranio de Amaral. O filme revive as peripecias do político galeguista no seu periplo polas paraxes fronteirizas de Galiza e Portugal antes da súa saída cara o exilio na Arxentina. Nesta fuxida, Antón Alonso Ríos pasou polo Val Miñor, andou agachado pola serra da Groba e detívose en Morgadáns onde observou a Victoriano Taibo, impartido un lección de xeografía de Europa. 

O documental Afranio, dirixido polo polifacético artista e músico tudense Víctor Coyote, e protagonizado por Luís Tosar, poderémolo contemplar case como de estrea pois só se proxectou en Goián- Tomiño o día da súa presentación
pública e no Porriño.

 A proxección, aberta ao público, será o próximo xoves 29 de xaneiro de 2009, ás 20:30 h. na “Aula de Cultura PONTE DE ROSAS” (Avda. da Feira, 10, baixo –Gondomar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: