O Piragüismo Val Miñor- Frioya protagonista da Gala da FGP

antia loira

Santiago Sanmamed anuncia na Gala que non se presentará á reelección á presidencia da RFEP se non gana en Galicia

O Gran Hotel de Lugo foi sede da Gala 2009 da Federación Galega de Piragüismo onde entregábanse os galardóns aos mellores da tempada 2008. O Club Piragüismo Val Miñor-Frioya de Nigrán logrou na tempada 2008 colarse por primeira vez en súas 6 anos en competición no podio de honor da Copa Xunta de Galicia.

Os miñoranos coláranse fai dous anos tamén no terceiro chanzo do podio por aquel entón da Copa de Promoción de Slalom. É este o recoñecemento a unha tempada plagada de éxitos na Liga Nacional onde os palistas miñoranos lograban un total de 7 medallas (3 de ouro, 3 de prata e 1 de bronce) e onde o club terminou no 8º posto na Liga Nacional de Augas Bravas, cun sensacional 9º posto na Copa de España de Slalom e o 10º posto de promoción. Estes sobresaíntes resultados repetíronse na Copa Xunta cun total de 13 medallas (6 medallas de ouro, 1 de prata e 6 de bronce). Tres palistas salientaron esta tempada por riba do resto  e protagonizaron a maioría destes éxitos: os cadetes Antía Loira e Mario Fontán, que foron os primeiros palistas do club en vestir a lycra da selección galega e a infantil Uxia González. O nome de Antía soou na Gala como preludio á entrega ao premio ao club miñorano que recolleu o presidente e Director Técnico do Club Enrique Prendes. Os méritos de Antía ben a podían ter feito protagonista do premio á mellor promesa feminina pero a mención expresa aos seus resultados son xa de por se un orgullo para o club e a súa tempada ao igual que a de Mario e Uxia convértenlles nos actores protagonistas deste galardón.

A viguesa Antía Loira completou unha tempada 2008 extraordinaria, confirmándose como a mellor kayakistas galega de Slalom da historia, a pesar de 15 anos (Cumpriu 16 anos o 4 de Xaneiro de 2009). Antía gañou todas as probas da Copa Xunta de Galicia de Slalom, foi a mellor palista Cadete de primeiro ano de España e logrou ser a primeira galega en subirse a un podium nos 16 anos de Copa de España (logrou tes medallas de prata en Copa de España e foi segunda no Campionato de España en K-1 Cadete coa lycra da Selección Galega).

Pola súa banda Mario aínda que con menor presenza no podium sumou un ouro e dúas medallas de bronce pero converteuse tamén no mellor canoísta de España Cadete de primeiro ano e o mellor galego, unha magoa que o seu pai decidiu que non continúe no club miñorano no que se formou desde os 10 anos e xunto á súa irmá Nuria non competirán co noso club no 2009.

Uxia foi o referente do equipo infantil e brillou de maneira espectacular no seu debut en categoría infantil onde acumulou 3 medallas de ouro, 1 de prata e 2 de bronce, dominando a categoría C-1 e converténdose na única galega nos podio das probas de Copa de España de promoción. Será o próximo 23 de Febreiro cando podamos ver debutar en competición oficial a Antía Loira na 1ª proba da Copa de España de Slalom que se disputará no Rio Ulla ao seu paso por Padrón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: