O PSdeG-PSOE de Baiona rexeita as tácticas de axitación, enfrontamento e alarmismo do Alcalde

Segundo o PSdeG-PSOE de Baiona o Alcalde pretende ocultar a súa falta de xestión na defensa dos intereses dos veciños, creando alarmismo entre o persoal do concello e os demais cidadáns de Baiona. Eles afirman que a primeira responsabilidade dun gobernante é transmitir tranquilidade e solucións. Non é de recibo que cree alarmismo entre os traballadores do concello e os comerciantes poñendo en cuestión o pago dos seus salarios e o recorte nas festas e celebracións que poden xerar movemento aos negocios dos nosos empresarios.

Dende o PSdeG-PSOE esíxenlle que realice as xestións necesarias para conseguir os recursos e patrocinios imprescindible para que se manteñan os servizos, os salarios e as actividades que resultan necesarias para dinamizar o pobo e o noso comercio. Esta esixencia realízana según eles coa razón que lle dá contar co goberno mais caro de toda a historia de Baiona, con 2 alcaldes, 7 dedicacións parciais e varios asesores municipais, todos eles políticos e membros do goberno municipal con soldos millonarios.

O PSdeG-PSOE de Baiona sostén que quizais incidindo inicialmente en tales retribucións conseguiría liberar recursos, como primeira medida de choque para afrontar os tempos que toca vivir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: