A Plataforma “Gondomar Vive” interpora unha denuncia contra a Xunta de Galicia ante a Comisión Europea

A Plataforma Gondomar Vive logo de presentar 27000 alegaciones ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia, órgano promotor do Plan Sectorial Vigo Íntegra, presentamos agora unha queixa ante a Comision europea en contra dos proxectos de infraestructuras viarias no término municipal de Gondomar,. Estes proxectos (D25e D26 ) non se axustan á normativa comunitaria en materia de medio ambiente, por omisión de requisitos necesarios para a Avaliación Estratéxica Ambiental, e, en concreto, presentan lagoas e erros no Informe de Sostenibilidad Ambiental preceptivo. Ademais trátase un Plan contrario a todas as propostas da Estratexia Europea de Sostenibilidad, ás directrices de Movilidad Sostenible da Unión Europea e ao Convenio Europeo sobre Paisaxe.

Esta denuncia preséntase logo das entrevistas mantidas entre a Plataforma cidadá Gondomar Vive organizada para a defensa do val e o órgano promotor da obra, unha vez confirmado que mantén o proxecto. Ademais, este órgano incorporou as infraestucturas citadas no posteriormente publicado Plan Director de Estradas de Galicia, que comparte a mesma filosofía, os mesmos formulacións, as mesmas deficiencias e os mesmos incumplimientos da normativa e directrices comunitarias que o proxecto anterior, e que aquí tamén denuncian.
Ademais a plataforma “Gondomar Vive” solicitou entrevsitas cos responsables dos grupos políticos en Galicia (PP,PSOE e BNG), a única petición ata agora atendida foi a do BNG
A conclusión da plataforma é que seguimos como estabamos e por iso seguiremos solicitando a supresión e retirada dos viales do plan Vigo Íntegra en Gondomar.
Tamén queremos manifestar, ante as noticias difundias por certo medio de comunicación o día 5 deste mes, que a imaxe pública da plataforma “Gondomar Vive” foi gravemente danada pola vinculación entre esta plataforma e o BNG. Esta plataforma está formada por afectados e non está dirixida por ningún partido político. A adhesión de cidadáns, comunidades de montes e asociacións de veciños, non se pode interpretar en ningún momento como unha adhesión a ningún grupo político.
 
Ademais consideramos que debereía haber un rectificación inmediata do BNG neste sentido, polo grave prexuízo causado á plataforma e por extensión a todos os cidadáns que a conforman.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: