Araúxo está “empeñado en deixar a Gondomar sen piscina municipal”, segundo o PP

piscina Remitido
O Partido Popular de Gondomar está convencido de que “o Sr. Araúxo está a esfozarse por retrasar ao máximo as obras da piscina, perder a subvención da Diputación de Pontevedra e causar o maior perxuizo posible á empresa adxudicataria das obras”. De xeito contrario, “non habería explicación posible”
No pleno ordinario de novembro aprobouse por maioría unha modificación extraxudicial de crédito para posibilitar a adaptación ao código técnico do proxecto, causa da súa paralización. Catro meses despois, “o BNG segue sen dar saída á infraestructura, en perxuicio dos intereses económicos e sociais dos veciños”.

O Partido Popular de Gondomar asegura que o BNG e o alcalde están “empeñados en deixar a Gondomar sen piscina municipal”, xa que despois de catro meses tras a aprobación no pleno da modificación extraxudicial de crédito para a adaptación do proxecto ao código técnico, causa da paralización das obras, “o goberno segue sen dar saída á infraestructura”. Así, o PP recorda o perxuizo económico, e social, que supón para os veciños de Gondomar a paralización deste proxecto.
Para o PP de Gondomar, “semella que o Sr. Araúxo está a poñer todo o seu esforzo en retrasar ao máximo as obras da piscina, perder a subvención concedida pola Deputación de Pontevedra de 400.000 euros –resposta aos veciños tras a retirada de 720.000 euros por parte da Consellería de Cultura do BNG- e causar o máximo perxuicio á empresa adxuducataria”. De xeito contrario, “non habería explicación posible para a actitude do Alcalde”, aseguran.
O PP recorda que o pleno votou en contra de rescindir o contrato á empresa adxudicataria e si a favor de adaptar o proxecto ao código técnico vixente, por iso esixe ao grupo de goberno que asuma as decisións plenarias e democráticas, “anque descaradamente non as comparta”. Por todo iso, o PP insta ao BNG a que “deixe de actuar como se estivese na oposición”, xa que “levamos case dous anos de lexislatura e aínda no se dan por enterado de que son o goberno de Gondomar”, asegura Carlos Silva, voceiro do PP. “Aos veciños non se lle pode seguir enganando desta forma tan patética, xustificando a súa propia neglixencia no mandato anterior do Partido Popular”.
Dous meses sen Pleno Ordinario
Por outra banda, o PP de Gondomar volve a denunciar a ausencia de convocatorias de plenos ordinarios en Gondomar, unha mostra de que “o grupo de goberno do Sr. Araúxo non é quen de facer fronte aos problemas deste municipio e as queixas da oposición, optando por silenciar ao foro de debate municipal máis importante ”.
Transcorreron case dous meses desde o último pleno, a finais do mes de xaneiro, e o PP de Gondomar critica que “xa sabemos que eles non teñen ningún tema que levar ao pleno, pero o resto dos partidos con representación na Corporación de Gondomar seguimos traballando a prol deste municipio e temos dereito legal para levar ao Pleno as nosas propostas”, advirte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: