Entrega do VI Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Antonio Valverde Alonso

O venres 27 de marzo ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas entrega do VI Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Antonio Valverde Alonso e presentación do libro da súa autoría “Cruceiro de San Campio”.
Intervirán: Fernando Casas, autor do escultura que se entrega como premio; Miguel Anxo Mouriño, Alfredo López “Tokío” (ilustrador). Rematará as intervencións Antonio Valverde Alonso. Poñerá remate ao acto aberto ao público o grupo de pandereiteiras miñorás “As teloneiras de Marita”. Presenta: Pilar Barreiro
Ao remate haberá unha cea, no Pazo da Escola de Mañufe, con Antonio Valverde, á que se pode asistir previa reserva no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico direccion@minhor.org

Antonio ValverdeAntonio Valverde Alonso (Vigo, 1935)

Naceu no seo dunha familia gondomareña, pasou a súa infancia a cabalo entre a cidade da oliveira e o Val Miñor, para logo asentar a súa vida profesional en Madrid pero sen perder de vista o seu querido Val Miñor. Neto de Manuel Alonso Pérez, o que fóra secretario do concello de Gondomar e un dos artífices administrativos das Escolas Proval. Neto tamén do mestre de obras Ángel Valverde Saines, da Cabreira, ao que lle debemos o legado de casas tan singulares como a casa onde está a farmacia da Ramallosa.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Compostela. Foi un dos impulsores do primeiro cine club de Vigo. En 1972 trasladouse a Madrid par traballar nunha empresa familiar de elaboración de vidro. Despois faino nunha fábrica de productos plásticos e dende ela impulsa a Asociación de Transformadores de Plástico de Madrid da que foi Secretario Xeral. Baixo a súa dirección a asociación estenderase ás dúas comunidades de Castela. En 1983 fúndase a Federación Nacional de Transformadores de Plástico e simultánea o cargo de Secretario Xeral co de director da revista Fetraplast ata a súa xubilación.
Mantivo sempre casa no Val Miñor. Na actualidade, aínda que segue a residir en Madrid, pasa, cada vez máis, longas tempadas entre nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: