I Mostra Enbarcación Tradicionais A Ramallosa-Nigrán 2009

cartel-mostraEste evento realizarase tendo como eixe principal apoiar e difundir o traballo que realizan numerosas asociacións de Galicia, como o Clube Marítimo Marisma Ramallosa, que pretenden conservar a Cultura Marítima Galega, recuperando embarcacións tradicionais con moitos anos de antigüedade e que se encontran “disfrazadas” no litoral galego como bateas ou levando a cabo actividades que nada teñen que ver co mar.
Con esta Mostra de Embarcacións Tradicionáis quérese amosar que gracias a esta labor, moitas embarcacións tradicionais de pesca, algunhas de máis de cen anos, siguen vivas en Galicia e son utilizadas para o ocio e o deporte. Amosar unha imaxen de que a Cultura Marítima Galega sigue viva e non pasou á historia; e diferenciarnos de outros países, onde estas embarcacións só se encontran en museos.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Introducir e dar a coñecer embarcacións de enorme valor etnográfico, que representar a actividade levada a cabo durante décadas tanto nas rías galegas como na costa portuguesa.
Amosar o traballo realizado para manter estas embarcacións en Galicia, que se convertan na Flota Artesanal Galega e que a xente se interese polo traballo do mar.
ORGANIZA:
Concello de Nigrán – Concellería do Mar, Asociación Clube Marítimo Marisma da Ramallosa, Instituto de Estudos Miñoranos (I.E.M.).
PATROCINA:
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.
COLABORA:
Concello de Nigrán.

PROGRAMA
-Sábado 28 de Marzo:
08.00 a 16.00: Recepción de embarcacións
17.00 horas: Presentación.
17.15: Presentación Oficial no Val Miñor dos IX Encontros de Embracacións Tradicionais de Galicia no Porto de Muros.
17.45: Presentación do Libro Talasonimia de Nigrán para nenos.
18.15: Presentación do Libro Talasonimia de Nigrán para adultos.
18.45: Inauguración Mostra en Seco.

-Domingo 29 de Marzo:
De 09.00 a 20.00: Mostra en seco de embarcacións Tradicionais das Rías Baixas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: