1ª Mostra de Embarcacións Tradicionais

O Instituto Estudos Miñoranos e o Clube Marítimo “Marisma da Ramallosa” organizan, co patrocinio da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a colaboración do Concello de Nigrán, a Primeira mostra de embarcación tradicionais que se celebrará o próximo sábado 28 de marzo e o domingo, 29, á beira da vella Estación de tranvías da Ramallosa.
Esta primeira mostra consistirá nun exposición en seco de máis dunha ducia de embarcacións tradicionais de diversos puntos das Rías Baixas entre as que podemos citar: dornas, un bote polbeiro, gamelas, bucetas, e botes de Bueu, Carril, Noia e da ría de Vigo.

Xosé Lois Vilar,  Xosé Manuel Rodríguez e Carlos Méixome

Xosé Lois Vilar, Xosé Manuel Rodríguez e Carlos Méixome

Esta exposición é posible grazas a colaboración de diversas asociacións preocupadas pola recuperación e conservación das embarcacións tradicionais. Entre estas asociacións, ademais do Clube Marítimo Marisma da Ramallosa, participan nesta exposición a asociación “Dorna” da Illa da Arousa, Mariñeiros deportivos de Bouzas, Sadinautica, tamén de Bouzas, Breadouro de Coruxo, Botes de Carril e A Reiboa de Combarro.

Presentación de libros
O sábado 28 ás 17, 45h., no mesmo espazo da exposición, farase a presentación de dous libros relacionados co mar. Os dous de autoría de Xosé Lois Vilar Pedreira. O primeiro deles é un rigoroso estudo dos nomes do mar da costa sur de Galicia titulado Talasonimia da costa sur de Galicia, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos. Mentres que o segundo é un libro para nenos que leva por título Os nomes do mar de Baiona e Panxón, ilustrado magnificamente polo debuxante Pepe Carreiro.

Talleres didácticos
O sábado e o domingo, tamén no mesmo espazo da exposición, celebraranse uns talleres didácticos para nenos e maiores. Os talleres dunha hora de duración celebraranse no seguinte horario:
Sábado 28: 17h, 18h. 19h.
Domingo 29: 17h, 18h. 19h.
En cada taller desenvolveranse sete actividades relacionados co mar e coa pesca dende embarcacións tradicionais como o recoñecemento de fondos por medio do sebeiro ou o establecemento de relacións entre tipo de fondo, tipo de peixe e arte de pesca, etc..
Xosé Valtierra, técnico de actividades didácticas e pedagóxicas de arqueoloxía do concello de Vigo, con ampla experiencia neste tipo de actividades será quen dirixa estes talleres didácticos que seguro serán do agrado dos máis pequenos pero tamén dos máis grandes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: