Aberto o prazo de solicitude para a “Prestación Económica de Pagamento Único por Fillo a Menor Cargo” no concello de Nigrán

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Nigrán, informa que está aberto o prazo de solicitude para a Prestación Económica de Pagamento Único por Fillo a Menor Cargo, iniciativa impulsada pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar.
Poderan beneficiarse desta medida todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos a data de 1 de xaneiro de 2009 e unidades familiares con ingresos, considerados de forma individual ou conxunta, non superiores aos 22000 €.

As solicitudes para participar neste programa deberán acompañarse coa seguinte documentación:
. Fotocopia co DNI da nai e do pai.
. Fotocopia do Libro de Familia.
. Libreta bancaria a nome do/a solicitante.
. Certificado da unidade familiar.
. Outra documentación para casos excepcionais.
As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán antes do día 7 de maio, os martes e os xoves en horario de 9 a 14 horas ou no teléfono 986 365000-Ext. 252.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: