Mañá martes celebrase a xuntanza do club de lectura “Sete Vidas”

espazo_lecturaO soño da febre, de Miguel Anxo Murado, é o libro sobre o que xirará o encontro
Mañá, martes 14, ás 20:00 do serán, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a xuntanza do Club de Lectura Sete Vidas que estará dedicada a comentar o libro de relatos O soño da febre de Miguel Anxo Murado. O soño da febre trata, precisamente, sobre a febre: a febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.
Esta vai ser unha sesión especial porque se verá completada o día 20 de abril coa presenza en do autor do libro, o escritor e xornalista Miguel Anxo Murado, que Espazo Lectura trae a Gondomar en colaboración coa editorial Galaxia e coa librería Libraida.
O club de lectura Sete Vidas está aberto a todas as persoas que desexen participar libremente e sen compromisos, coa vontade de compartir a experiencia da lectura.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: