Celébrase o II “Dar de ler coma quen dá de beber” en Gondomar

::: 23 de abril, Día do Libro. Espazo Lectura encherá de libros os postos das peixeiras :::

Mañá, Día do Libro, de 19.30 a 22.00 horas, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, súmase á celebración internacional do Día do Libro sacando a lectura ao mercado. Os postos das peixeiras da Praza de Abastos de Gondomar encheranse de libros e de froita, para acoller a segunda edición da sesión de lecturas compartidas en voz alta, Dar de ler coma quen dá de beber.  A Praza da Abastos de Gondomar, obra do arquitecto Bar Boo, acollerá esta simbólica acción que Espazo Lectura quere levar adiante en favor do libro.

As primeiras lecturas, que abrirán o acto, corresponderán ao alcalde de Gondomar e á presidenta de Espazo Lectura. O alcalde de Gondomar lerá un fragmento de Os grouchos, de Manuel Rivas, e a presidenta de Espazo Lectura lerá un fragmento de Como unha novela, de Daniel Pennac, un libro especialmente simbólico sobre a lectura.

Arredor de 30 persoas de distintos ámbitos do Val Miñor pasarán mañá polo mercado para leren fragmentos dun libro previamente elixido. Espazo Lectura editará un caderniño especial, para entregar aos asistentes, que recolle os títulos de todos os libros dos que se lean fragmentos, tanto desta segunda edición 2009 como da do pasado ano 2008, que se celebrou na Biblioteca Municipal de Gondomar. Texos de Álvaro Cunqueiro, Konstantino Kavafis, Carlos Casares, Thomas Bernhard, X. L. Méndez Ferrín, Alessandro Baricco, Manuel Antonio ou Baudelaire, entre outros moitos, son algúns dos elixidos polas persoas que van ofrecer as súas lecturas públicas. O posto do mercado onde se van realizar as lecturas encherase de libros das editoriais socias protectoras de Espazo Lectura: Galaxia, Kalandraka, Oqo e Xerais.

Espazo Lectura pretende sacar os libros e a lectura dos seus ámbitos máis habituais (a biblioteca, a casa, a escola…) e levalos a un lugar público para achegalos así a outros espazos da vida cotiá e facelos máis visibles.

A entrada ao acto é libre e cada quen poderá permanecer o tempo que desexe, sen necesidade de seguir o acto na súa totalidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: