Continúa aberto o prazo de inscrición nos diversos obradoiros de alfabetización dixital

Rede de Dinamización da Sociedade da Información
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da información ten aberta a inscrición para diferentes obradoiros de Novas Tecnoloxías en Nigrán.
Con estas actividades preténdese achegar as Novas Tecnoloxías a toda a poboación, facendo fincapé en todos aqueles colectivos que, por diversos motivos, presentan maior dificultade á hora de achegarse a elas.
A orde de chegada das inscricións determinará a data de realización dos obradoiros, sobre todo en caso de que o volume de peticións sexa moi elevado. Cada grupo constará, como máximo, de 13 alumnos/as.
Asemade, durante o presente mes de abril estanse a desenvolver con grande éxito de participación os seguintes obradoiros: “Mecanografía”, “Procesador de textos” e “Iniciación á Informática” para mulleres, este último, en colaboración co Centro de Información á Muller do Concello. Para máis información: Teléfono: 986 366 765 Correo electrónico: paula.nigran@dinamiza.sociedadedainformacion.eu Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Nigrán, sito na rúa Curros Enríquez, 3, baixo, (fronte a entrada do colexio Humberto Juanes).
Horario do centro: de luns a xoves, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 e os venres de 09:30 a 15:00.
Contacto: Paula Castro Dinamizadora da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: